O río Mekon é a vía de comunicación fluvial, arteria de unión de pobos e persoas que viven sobre as augas mansas. Unha viaxe de dous días a bordo nun barco de mercadorías é unha experiencia difícil de esquecer.
A nosa viaxe iniciase en Huay Xai e ten coma destino Luang Prabang, cidade de culto budista e centro de peregrinaxe. O río Mekong nace na China, atarvesa Laos e desemboca en Vietnam nun espectacular delta que puiden visitar no ano 2005.
Ao longo desta travesía as paisaxes de tonos verdes atraen a miña curiosidade máis infantil porque tras as arbores agochanse os elefantes. Laos é coñecido por ser "o país dos 1000 elefantes" e eu piuden velos, non os mil pero case. As aldeas vanse alternando coma un caleidoscopio de fumes de cores, os nenos e as nenas xogan na auga, os pescadores recollen os seus aparellos e eu adormezo co barullo dos motores do barco.
Ao chegar a noite un exercito de cabaliños do demo trenzan ronseles coas estrelas do fondo do río.