Si, por fin, atopamos a "Casa de los Combatientes" en plena Plaza Central de León, antigo acuartelamento militar de Somoza e hoxe centro de encontro e tertulia dos ex-combatentes que durante anos loitaron, primeiro na guerrilla e logo no exército, pola liberdade. As súas paredes son grosas e algunhas fiestras teñen os cristais escachados, mais é un oasis urbán, a temperatura exterior alcanza os 38ºC. O edificio denota un verdadeiro estado de abandono, a falta de presuposto fai que os medios sexan escasos; mais a bondade e os esforzos por non ser esquecida unha etapa histórica tan importante para Nicaragua axudan a que os visitantes sexan benvidos.
Durante horas disfrutamos dos nosos contertulios, coñecidos polos seudónimos de "Oscar" e "Truco", amigos inesquecibles. Eles ensináronnos a outra faciana do sandinismo, lembraron os compañeiros caídos, as feridas de guerra, que hoxe por hoxe e lonxe de ser recoñecidos como feridos de guerra, malviven de traballos temporais e das lembranzas que moitos afogan no ron e no tabaco namentras ven nun vetusto televisor teleseries norteamericanas. Viva Nicaragua Libre!




