22 feb 2011

Aqaba,la playa de Jordania





 La única salida que tiene Jordania al mar se encuentra en el sur, una extensión de algo más de12km de litoral que el rey Hussein canjeó con Arabia Saudí por 6000 km2 de desierto jordano en el año 1965.
En este punto se encuetra la ciudad de Aqaba, ciudad de vacaciones de muchos jordanos, en pleno Mar Rojo. Desde aquí puedes divisar los territorios desérticos de Arabia Saudí, Egipto e Israel como si de un cruce de caminos se tratase.
A decir verdad, aquella tarde la playa estaba abarrotada de gente y los hombres con sus cuerpos desnudos se divertían ante los ojos de las mujeres que con las telas de sus vestidos mojados resaltaban su fisonomía mas íntima.
En las profundidades del Mar Rojo se esconden uno de los mayores espectáculos marinos,bucear entre corales y peces es tan fascinante como extraño, las formas de los corales son como castillos en el mar y los peces semejan un ejército de colores.Son esas pequeñas sorpresas que los océanos guardan con recelo.


13 feb 2011

Siria



 A nosa viaxe por Siria foi ao traveso da ollada de Abdelkarim,un vello humilde que a sorte abandonou unha noite no deserto de Palmira.A lúa do deserto é de cor azul,transparente coma unha medusa barada na praia,como as pupilas no deserto que buscan sen ser encontradas. Aquel Setembro Negro de 1970 un grupo de soldados montaba garda nalgún punto estratéxico no deserto que separa Siria de Xordania,as noites eran moi frías e o entretenemento consistía en contar estrelas fugaces,buscar astros de cores e soñar coas lembranzas da sua namorada. Pero cada vez as noites eran máis frías,o ceo era un túnel sen saída e xa as estrelas os abandonaran como quen abandona un desexo.Ante a falta de guerra aqueles mozos deixaron as trincheiras e andiveron polas dunas como por un mar en temporal e o tempo foi quen en ir ao seu rescate.Onte polo deserto de Palmira atopeime coa mirada de Abdelkarim e mergulleime ata as profundiades da esperanza.

Un cando chega a un país árabe ten sentimentos enfrentados coma se dunha riña entre namorados se tratase.Podería afirmar que en Siria os sentimentos foron mais ben o contrario.Por exemplo en Túnez, Marrocos e Xordania a xente vive na ambición de fuxir da sua miseria por sentise escravos e sinlenciados.En Siria a xente fala cos ollos,as súas miradas son limpas e podes sentir que o verbo perde sentido cando un neno debuxa cos seus dedos de arcanfor anduriñas no aire.

O derradeiro día en Siria pasámolo no Zoco de Damasco,a pequena París de Oriente Medio,a capital do soño da Gran Nación Árabe que en 1958 Nasser,presidente de Exipto e,o presidente de Siria,Sukri al-Kuwatli quixeron crear.Hoxe as ruas enchese de bandeiras de Al-fatah e de Hamás dos miles de palestinos que viven lonxe das súas familias,por algo Siria está considerada como un país dentro do eixo do mal ou será porque tamen é no único país do mundo donde non existe a coca-cola. Polos calexóns pérdense os namorados,o aire ule a cardamomo e a menta,e á chamada do almuecín as pombas fuxen cara as nubes.Isto é Siria,unha muller que ten o futuro nos seus brazos.