2 oct 2011

Mama Africa

Uxío, Myrta, Avelino e  Mariña

O agarimo por Africa naceu en Compostela  unha noite de tronos e viño ao lume da chimenea mais un amigo sen rostro no silencio da miña memoria. Aqueles días coñecín a unha persoa que a través da rede falábame de imperios, de termodinámica, a República , un admirador confeso de Valle Inclán, un amante de Galiza. No seu retiro africano convidounos a súa casa e aló chegamos Mariña e eu as mesmas portas do Parque Kruger, no mesmo país onde Nelson Mandela derrotou ao apartheid.

A palabra faise liberdade e o tempo como se dunha nube se tratase, reventa en folerpas de solidariedade. Dous amigos,  Myrta e Avelino son brancos nun continente negro, os seus ollos dignidade e a súa voz esperanza. Avelino, galego por principios e Myrta, solidaria por vocación,  agromaron no noso corazón como primaveras, con eles aprendimos amar a Mamá Africa.