25 ago 2013

Tierra de Fuego, o mundo ao revés.


Lonxe, moi lonxe, requetelonxe existe un paraíso Finis Terrae, a porta onde os viaxeiros máis intrépidos chaman dúas veces. Si, eu cheguei aquí, a Ushuaia, a cidade por antonomasia de Tierra de Fuego, o mundo patas arriba onde todos estamos de paso e ninguén  é extranxeiro.
Unha mañá fría a bordo das "Tres Marías" navegamos polo canal Beagle ata o faro Les Eclaieurs, visitamos a illa "H" e os refuxios dos yámanas, antigos habitantes de Tierra de Fuego namentras as folerpas de neve agochaban as nosas pisadas ante as miradas indiferentes dos pingüinos. Avistamos glaciares á deriva  e achegámonos xunto dos lobos mariños,  o noso pequeno barco semallaba unha balea de madeira ante semellantes seres da natureza .

As noites de inverno son moi frías, a temperatura media ronda os -15ºC, época aconsellable para quen gosta de disfrutar do fermoso Parque Natural. Longas camiñatas entre montañas por camiños sen retorno debuxan sendeiros sobre a neve ata a fronteira de Chile. Ninguén agarda, o silencio enxendra tanta beleza que se reflexa sobor as augas mansas da lagoa.

 A lúa cómplice é un faro no ceo, altiva compañeira de viaxe, para quen lonxe agarda por un retorno.