18 may 2016

Río Mekong:De Huay Xai a Luang Prabang.




O río Mekon é a vía de comunicación fluvial, arteria de unión de pobos e persoas que viven sobre as augas mansas. Unha viaxe de dous días a bordo nun barco de mercadorías é unha experiencia difícil de esquecer.
A nosa viaxe iniciase en Huay Xai e ten coma destino Luang Prabang, cidade de culto budista e centro de peregrinaxe. O río Mekong nace na China, atarvesa Laos e desemboca en Vietnam nun espectacular delta que puiden visitar no ano 2005.
Ao longo desta travesía as paisaxes de tonos verdes atraen a miña curiosidade máis infantil porque tras as arbores agochanse os elefantes. Laos é coñecido por ser "o país dos 1000 elefantes" e eu piuden velos, non os mil pero case. As aldeas vanse alternando coma un caleidoscopio de fumes de cores, os nenos e as nenas xogan na auga, os pescadores recollen os seus aparellos e eu adormezo co barullo dos motores do barco.
Ao chegar a noite un exercito de cabaliños do demo trenzan ronseles coas estrelas do fondo do río.
  



28 feb 2016

Laos: Selva de Luang Nam Tha


Amencer na xungla, ouveos e siléncios, olladas curiosas na néboa. Hoxe non é un día calquera, na aldea dos Akha os homes organízanse para a caza, os seus cabalos de motores barullentos adéntranse polos camiños da selva e os deuses agardan  na choiva agasallos de cores. Os Akha son animistas e a liberdade, os seus vestidos de cores. Son amables e hospitalarios, un pobo sen bandeira porque non creen nas fronteiras e a súa arma o arroz. Hoxe é feriado en Laos.










31 ene 2016

Sentado en Punta Carretas.



Montevideo, cando cheguei un caos de coches e bocinas anunciaban o fin da semana laboral, a xente tal cal unha celebración festiva fuxian case despavoridos cara o estadio do Nacional F.C. Un gran xogo, Club Estudiantes de La Plata buscaba a clasificación para a final de Libertadores máis o Nacional tiña que rendir contas ante a súa afición, devota dun club que é case unha relixión. As rúas valeiras e as tabernas silenciadas tan só unha cervexa era testemuña ante tal acontecemento. No bar Iberia, unha señora de Val do Dubra de nome dona Rosa, heroína desa emigración sen titulares, contabame que sendo a única muller de oito irmans chegou a Montevideo como lavandeira dos traballadores dos asteleiros. Unha vida sen horarios e sacrificios reconpensados agora por un pronto retorno de lúa de mel logo de máis de cincoenta anos de casados cun mariñeiro que finou no mar.
Montivideo vive de costas ao mar, porta de entrada de persoas sen retorno sentadas no malecón de Punta Carretas.