30 sept 2012

Guimaraes 2012

 A cidade portuguesa engalánase neste ano cultural para recibir aos milleiros de visitantes de todo o mundo, que dun xeito case profano fan de Guimaraes unha paréntese no devengar da historia que estamos a vivir. As rúas sempre desenvocan nas prazas, e as prazas acollen os teus pasos sen rumbo fixo como unha nao nocturna na singladura dun poeta sentado á beira do precipicio. Fernando Pessoa diz " longe de min en min existo" mais cando ollas ao ceo son unha fiestra baldeira que soño con mundos espúreos da contaminación de claxons e farolas, das bandeiras como velas e das treguas sen guerras. Nos balcóns medran os magnolios. A cidade convídate a perderte, simplemente disfrutar dos recunchos que sempre agochan as guías de viaxe, porque aquí e tan so aquí,  atopas  a esencia das súas xentes e o silencio das olladas indiscretas.
Coñecer Guimaraes e saber un chisquiño máis da nosa historia, un pasado en común de reis e princesas, e de trovadores e amores.