17 nov 2012

Capital económica europea: Frankfurt


 Aquí chegamos logo dun periplo aéreo con Ryanair máis propio dunha xornada de feira ca dun voo que se prometía tranquilo. O noso primeiro contacto coa cidade facémolo de noite e a sensación a simple vista coincide co concepto dunha urbe viva e ordeada, cosmopolita e fría.
Aloxámonos nun pequeno hotel moi perto da estación de tren  chamado Pequeño Everest, moi recomendable pola súa relación calidade-prezo, tranquiliño e nunha zona dunha forte influencia asiática. Frankfurt é unha metropole de altos rañaceos onde se deciden a través do Banco Central Europeo os derroteiros macro económicos do continente. Un día é máis ca suficiente para pasear polas súas rúas e desfrutar un paseo pola beira do río Main.  A reducida oferta turística confírelle un carácter de paso cara outros destinos máis atractivos. Mais non podemos marchar de Frankfurt sen probar as requetecoñecidas salchichas e tomarnos unha sidra ben fresquiña namentres vemos pasar a estresados executivos camiño da Bolsa, escoitar ao lonxe as campás dalgunha igrexa que chama ao rezo baixo un ceo tan azul a claro como facía moito tempo que non viamos.



1 comentario:

  1. De Francfort conozco tan solo el aeropuerto: solia ser donde hacia trasbordos yendo de una parte a otra del mundo. En una ocasion, viajando de Canada a Espanya, me encontre conque en el mostrador de Iberia no habia nadie que hablara castellano: habia una larga cola de inmigrantes, la mayoria haciendo equilibrios para entenderse en aleman.

    Al llegar mi turno me dirigi de inmediato a la empleada en castellano. Me miro y balbuceo algo. Al darse cuenta de que mi pasaporte habia sido expedido en Toronto, me hablo en ingles: segui sin darme por enterado. Al fin me trajeron a una chica que hablaba castellano.

    Cuando sali, algunos inmigrantes que se habian dado cuenta del percance me aplaudieron. Pero, ... por que no lo habrian hecho ellos?
    Avelino Sousa-Poza

    ResponderEliminar