13 ene 2011

Sapa




No outono do 2006  cheguei ás montañas do noreste de Vietnam nun tren nocturno que, lonxe de parecer express,semellaba a cola dun dragón na oscuridade da estación de Hanoi. Aquela noite por máis que quixera dormir as horas corrían na miña contra e o barullo da locomotora colábase polos meus oidos coma unha serpe de fume. A noite sería inesquecible.

Descubrín Sapa cos ollos vermellos, amodiño e en silencio,e os borrachos da cantina dábanme a benvida cun "hello" interminable. A cidade é pequena,centro de mercado das distintas etnias que viven nas aldeas desperdigadas por toda a serra. Logo dun descanso e unha ducha,estaba ansioso por perderme por aquelas angostas rúas, e camiñei durante horas entre nenos xogando,vellas durmindo á sombra dun farol, por un mercado de frores e carne e moscas e cores. Ao seguinte día, moi cedo, os  meus pés abríanse camiño polo monte entre arrozais de cores tan verdes e amarelas, que o vento mecía paiseniñamente.

Os nenos e as nenas da etnia h´mong, a máis numerosa, axudan nas labouras familiares e deben traballar no coidado dos seus irmáns máis pequenos así como tamén no traballo que lles asignen os seus pais.As labouras van dende axudar no rego dos arrozais,ao pastoreo dos bois, limpar os camiños... traballos para quen debería estar na escola. As súas mans son de lama  e o o seu pelo serpentinas, xogan cos fioas de luz que o sol reflexa na auga e coas palliñas secas construen cabaliños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario