17 may 2013

Maputo, bemvindo ao nosso mundo.


A nosa chegada a Maputo foi nunha tarde de treboada , avenidas ateigadas e unha calor abafante, no único bus que procedente de Johannesburgo comunicaba as dúas capitais de África do Sur.
 Lonxe de tópicos de miseria e fame, de vaguedades tribais e de fieras salvaxes, en Maputo o tempo paralízase en canto te  sentas nalgún dos cafés e pérdese a ollada pola ventá, descubres unha cidade viva e moi culta, unha metrópole que vive de cara ao mar. A cultura mozambiqueña crea espacios de expresión nas rúas e
 nos cafés. Tódolos días tes tempo de visitar unha exposición ou asistir a un concerto, acudir ao cinema ou disfrutar  dun espectáculo teatral, os artesáns espoñen as suas colecións nalgunhas das rúas e a oferta musical é tan amplia e variada  como de calidade. En Maputo é difícil aburrirse.
Durante uns días fumos convidados de Rui e Elsa, uns familiares da nosa amiga Isabel. Cos nosos amigos entrañables descubrimos o lado gastronómico que evidentemente ten no océano a súa despensa máis abundante e variada. O peixe
prepárase de moitas maneiras ou os camaroes pero a que máis nos gustou foi a grella. Sempre é recomendable visitar o mercado do peixe. Mais o noso aloxamento foi no hostel Fatima Place, un bo lugar para coñecer xente, nada máis. Mellor Hotel Tivoli.
As cores e o barullo están no Mercado Central, o espacio das froitas e os peixes, un lugar para mercar un sin fin de sabores e aromas nun edificio da época colonial.
Maputo, um beijo de mar doce.




2 comentarios:

  1. Evidentemente, tu conoces Maputo mejor que yo. Para mi la gran atraccion de Mozambique es la gente y el idioma. En Maputo quedan todavia la cicatrices de la guerra civil: si se confirman los yacimientos de energia en el Indico seria de esperar un crecimiento acelerado del pais a corto plazo, aunque las riquezas energeticas fueron casi una maldicion en otros paises africanos como Angola. Esperamos lo mejor y preparemonos para lo peor ...

    ResponderEliminar
  2. coñezo Maputo e sen dúbida o que expresades nese texto, ademáis de boa redacción, coincide cos meus sentementos cara a este gran país.
    comparto tamén con Sousa-Poza as esperanzas sinceras dun bo futuro para Mozambique pese a que sexa un futuro incerto, de momento.
    M.S.S.
    Galiza

    ResponderEliminar