22 may 2011

Mosi-oa-Tunya

É iste o nome local que reciben as cataratas que Livinsgtone bautizou co nome da raíña Victoria e serve de fronteira xeográfica entre Zambia e Zimbabwe. Son un espectáculo natural de tal beleza que o paseo de case 2km de longo convértese en  paixón. Aínda que nesta época do mes de Outubro o seu caudal disminúe considerablemente, non impide empaparse do vapor que emerxe na sua caída de máis de 108m, unha refrescante ducha de auga pura.

Nos visitámolas aló polo ano 2009, unha viaxe inesquecible polo Zimbabwe, encaixonados en buses de cores polas estradas valeiras, pero coas nosas mochilas cheas de soños. Visitar Zimbabwe é un xogo, pero sen gañadores nen vencidos, un xogo de supervivencia diaria onde as palabras convértense en armas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario