1 may 2011

Praha


Quen chega por primeira vez a Praga ten a sensación de chegares a unha cidade de cartón pedra,un decorado medieval dunha cidade que Kafka odiou e amou tanto. Dende ista venta seguro que o autor de A Metamorfose ollou como os tanques nazis perseguían aqueles que remataban a súa vida no fondo do Moldava en vez dalgún campo de exterminio.
 Para Franz Kafka a escritura era un acto sagrado pero tamén quixo ser o refuxio dos seus fracasos amorosos ou a máis alta demostración de amor por algunha das súas mulleres: Felice, Julie, Milena ou Dora. Tamén fracasou como escritor profesional xa que a súa obra producía nos seus editores indiferencia e en cambio agora a súa memoria afógase no Expresionismo máis comercial.
Visitamos o seu museo e os retratos das paredes son aquelas cartas que escribía case de maneira compulsiva, voces e luces dunha cidade que eu non amo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario