16 feb 2014
8 feb 2014
Glaciar Perito Moreno
Continuando coa viaxe pola Patagonia Arxentina, deixo atrás uns días inesquecibles en Tierra de Fuego e retorno, como se dunha viaxe no tempo se tratase, a voráxine da natureza máis impresionante.
A vila do Calafate é a base perfecta para visitar o Parque Nacional de los Glaciares onde se atopa, a pouco máis de 70 km, o glaciar Perito Moreno. Ten un frente de aproximadamente 5 km e alcanza na súa máxima altura sobre o nivel da auga os 63 metros.
O tempo moldea caprichosas formas xeométricas que se antollan duras e grotescas que mesmo afean o grandioso espectáculo da natureza pero ao mesmo tempo moldea e esculpe curvas e formas suaves de figuras policromadas de azuis intensos.
O glaciar Perito Moreno está vivo, movese e respira, é fachendoso e gosta que o miren. É o cerne dunha historia sen fin onde van morrer as sereas.
25 ago 2013
Tierra de Fuego, o mundo ao revés.
Lonxe, moi lonxe, requetelonxe existe un paraíso Finis Terrae, a porta onde os viaxeiros máis intrépidos chaman dúas veces. Si, eu cheguei aquí, a Ushuaia, a cidade por antonomasia de Tierra de Fuego, o mundo patas arriba onde todos estamos de paso e ninguén é extranxeiro.
Unha mañá fría a bordo das "Tres Marías" navegamos polo canal Beagle ata o faro Les Eclaieurs, visitamos a illa "H" e os refuxios dos yámanas, antigos habitantes de Tierra de Fuego namentras as folerpas de neve agochaban as nosas pisadas ante as miradas indiferentes dos pingüinos. Avistamos glaciares á deriva e achegámonos xunto dos lobos mariños, o noso pequeno barco semallaba unha balea de madeira ante semellantes seres da natureza .
As noites de inverno son moi frías, a temperatura media ronda os -15ºC, época aconsellable para quen gosta de disfrutar do fermoso Parque Natural. Longas camiñatas entre montañas por camiños sen retorno debuxan sendeiros sobre a neve ata a fronteira de Chile. Ninguén agarda, o silencio enxendra tanta beleza que se reflexa sobor as augas mansas da lagoa.
A lúa cómplice é un faro no ceo, altiva compañeira de viaxe, para quen lonxe agarda por un retorno.
17 may 2013
Maputo, bemvindo ao nosso mundo.
A nosa chegada a Maputo foi nunha tarde de treboada , avenidas ateigadas e unha calor abafante, no único bus que procedente de Johannesburgo comunicaba as dúas capitais de África do Sur.
Lonxe de tópicos de miseria e fame, de vaguedades tribais e de fieras salvaxes, en Maputo o tempo paralízase en canto te sentas nalgún dos cafés e pérdese a ollada pola ventá, descubres unha cidade viva e moi culta, unha metrópole que vive de cara ao mar. A cultura mozambiqueña crea espacios de expresión nas rúas e
nos cafés. Tódolos días tes tempo de visitar unha exposición ou asistir a un concerto, acudir ao cinema ou disfrutar dun espectáculo teatral, os artesáns espoñen as suas colecións nalgunhas das rúas e a oferta musical é tan amplia e variada como de calidade. En Maputo é difícil aburrirse.
Durante uns días fumos convidados de Rui e Elsa, uns familiares da nosa amiga Isabel. Cos nosos amigos entrañables descubrimos o lado gastronómico que evidentemente ten no océano a súa despensa máis abundante e variada. O peixe
prepárase de moitas maneiras ou os camaroes pero a que máis nos gustou foi a grella. Sempre é recomendable visitar o mercado do peixe. Mais o noso aloxamento foi no hostel Fatima Place, un bo lugar para coñecer xente, nada máis. Mellor Hotel Tivoli.
As cores e o barullo están no Mercado Central, o espacio das froitas e os peixes, un lugar para mercar un sin fin de sabores e aromas nun edificio da época colonial.
Maputo, um beijo de mar doce.
24 nov 2012
Por el Rhin hasta Colonia
Nuestro viaje por Alemania continúa en tren. Hemos tomado uno de los múltiples trenes que circulan por todo el país desde Frankfurt y atravesando el siempre espectacular Valle del Rhin. Con sus castillos y pequeños pueblos colgados de sus laderas llegamos a Colonia. Buscamos el Hostel for Backpackers muy cerca de la estación, limpio y muy básico, a escasos cinco minutos caminando hacía la joya del gótico alemán, su catedral Kölner Dom. Considerada el Everest por sus elevadas agujas y por ser la más grande del país simplemente es muy bella y solo con contemplarla puede llegar a ser emocionante. Por cierto, aquí se encuentra el sepulcro de los Tres Reyes Magos.
Colonia esconde una amplia oferta cultural, desde sus ruinas romanas e iglesias románicas hasta una innumerable variedad de museos, pero sin duda el mas interesante es el Museum Ludwing. La meca del arte posmoderno con obras de Warhol, Picasso y Polke pero también del expresionismo alemán o de los vanguardistas rusos Malevich y Liubov Popova. Pasear por las calles de Colonia y tomarte unas cervezas es conocer la esencia de una ciudad moderna.
17 nov 2012
Capital económica europea: Frankfurt
Aquí chegamos logo dun periplo aéreo con Ryanair máis propio dunha xornada de feira ca dun voo que se prometía tranquilo. O noso primeiro contacto coa cidade facémolo de noite e a sensación a simple vista coincide co concepto dunha urbe viva e ordeada, cosmopolita e fría.
Aloxámonos nun pequeno hotel moi perto da estación de tren chamado Pequeño Everest, moi recomendable pola súa relación calidade-prezo, tranquiliño e nunha zona dunha forte influencia asiática. Frankfurt é unha metropole de altos rañaceos onde se deciden a través do Banco Central Europeo os derroteiros macro económicos do continente. Un día é máis ca suficiente para pasear polas súas rúas e desfrutar un paseo pola beira do río Main. A reducida oferta turística confírelle un carácter de paso cara outros destinos máis atractivos. Mais non podemos marchar de Frankfurt sen probar as requetecoñecidas salchichas e tomarnos unha sidra ben fresquiña namentres vemos pasar a estresados executivos camiño da Bolsa, escoitar ao lonxe as campás dalgunha igrexa que chama ao rezo baixo un ceo tan azul a claro como facía moito tempo que non viamos.
10 nov 2012
FRANCFOR HÖCHST
FRANCFOR HÖCHST
Just a question
moved us to visit Höchst: Ich bin geboren hier. My parents emigrated to
Frankfurt Höchst during the seventies looking
for a job to earn some money. Destiny wanted I was born here. I still remember Main
walks by boat.
Höchst is an
industrial and multicultural city which received thousands of people from everywhere
looking for an opportunity to work.
Nowadays,
Höchst´s multiracial character is an example of harmonious coexistence.
30 sept 2012
Guimaraes 2012
A cidade portuguesa engalánase neste ano cultural para recibir aos milleiros de visitantes de todo o mundo, que dun xeito case profano fan de Guimaraes unha paréntese no devengar da historia que estamos a vivir. As rúas sempre desenvocan nas prazas, e as prazas acollen os teus pasos sen rumbo fixo como unha nao nocturna na singladura dun poeta sentado á beira do precipicio. Fernando Pessoa diz " longe de min en min existo" mais cando ollas ao ceo son unha fiestra baldeira que soño con mundos espúreos da contaminación de claxons e farolas, das bandeiras como velas e das treguas sen guerras. Nos balcóns medran os magnolios. A cidade convídate a perderte, simplemente disfrutar dos recunchos que sempre agochan as guías de viaxe, porque aquí e tan so aquí, atopas a esencia das súas xentes e o silencio das olladas indiscretas.
Coñecer Guimaraes e saber un chisquiño máis da nosa historia, un pasado en común de reis e princesas, e de trovadores e amores.
Coñecer Guimaraes e saber un chisquiño máis da nosa historia, un pasado en común de reis e princesas, e de trovadores e amores.
3 jun 2012
El yacimiento maya de copán
Sí existe un lugar que no debes de perder de visitar en Honduras ese es, sin duda, Copán y sus ruinas mayas. Copán es un pequeño pueblo blanco muy tranquilo que recibe a miles de turistas al año con motivo de visitar uno de los yacimientos mejor conservados. Con una superficie de 135km2 ya se han descubierto 4509 construcciones que datan de cinco fases entre los años 1400 aC-1200dC. Aun hoy prosiguen las excavaciones y el descifrar de los jeroglíficos de la escalinata que es el monumento mas famoso.
Para llegar desde Guatemala solo debes tomar un bus en la misma Antigua y en cuestión de de cuatro horas de viaje y de superar los tramites aduaneros, un pequeño soborno para evitarte complicaciones, llegas al pueblo donde siempre te encontraras quien te ofrezca hospedaje. Copán, como el resto de Honduras, vive bajo una vigilancia militar permanente mas, si tenemos en cuenta, desde el derrocamiento del presidente Zelaya y cuenta con una policía muy corrupta. Honduras es el país mas pobre de Centroamérica y el segundo de los países de menor renta de toda América por detrás de Haití.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)